domingo, 19 de abril de 2020

EXPERIMENTACIÓN II


SEGUIMOS COS EXPERIMENTOS? VEXO QUE VOS GUSTOU UNHA CHEA O PRIMEIRO, ...


Recordade a seguridade ao facelos, e se pode ser con un adulto mellor. Neste caso imos precisar ferver auga con unha col lombarda. 

Lede ben o experimento antes de facer nada. Fai unha lista de materiais, prepara todo e a comezar.

Semillas A Granel De Repollo Colorado Mammouth ! - $ 3.411,00 en ...

Sabes que é un ácido? Imos averiguar como saber que productos son ácidos con unha col lombarda




Sabías que?

En ocasións e por diversas razóns (abuso de comidas, difícil dixestión, etc.) aparece a hiperacidez (acidez de estómago) que pode producir efectos irritantes nas paredes do estómago.

Este problema resólvese co consumo de sustancias de carácter básico. Estas reaccionan cos ácidos para formar sal e auga (neutralización). Estas sustancias coñécense como antiácidos. 


A auga potable non debe de ser nin ácida nin básica (ph entre 6,5 e 8,5). Esto contrólase a diario nas cidades. 


As augas contaminadas con vertidos mineiros ou industriais teñen o ph moi ácido. Os deterxentes e xabóns alteran o ph no outro sentido
.


---------------------------------------------------
Como entregamos a tarefa? 

Na libreta, word ou nun email.

1) Unha foto, do proceso ou do resultado. 

2)  Explica coas túas palabras e brevemente o que ocorre no experimento (Máximo media carilla) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario