jueves, 26 de marzo de 2020

A chegada da Primavera


Descarga o PDF aquí



-->
20/03/2020
 PRIMAVERA 2020
Arranca a primavera que deixará un eclipse lunar e dúas choivas de meteoros
O domingo 29 de marzo teremos que adiantar os reloxos das 02:00 da madrugada ás 03:00 horas.


A Primavera de 2020 comenzou ás 4.50 de este venres e durará 92 días e 18 horas, dando fin o 20 de xuño, cando comenzará o verán.

Durante esta estación producirase o cambio de hora e poderase ver un eclipse de Lúa. Según informa o Observatorio Astronómico Nacional do Instituto Xeográfico Nacional (OAN-IGN), o inicio das estacións ven dado por aqueles instantes nos que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita aorredor do Sol. No caso da primavera, esta posición dase cando o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara o norte. O día no que esto sucede, a duración do día e a noite prácticamente coinciden. A esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de primavera. E no momento no que no hemisferio norte empeza a primavera, no hemisferio sur comenza o outono.

Na primavera os días vanse alargando rápidamente. Na Península, o Sol sale polas mañás mais dun minuto antes que o día anterior, e pola tarde ponse mais dun minuto despois. 


Nesta primavera....

O día 5 de xuño teremos un eclipse penumbral de Luna. Visible en Europa,
África, Asia e Australia. Preme no enlace para saber como é!


Produciranse varias chuvias de meteoros.

As líridas. Queres velas?Click nos enlaces


As Eta Acuáridas. Queres velas? Click nos enlaces


Na primavera ao amencer serán visibles Marte, Saturno e Xúpiter e, dende
mediados de xuño, Venus. No ocaso será visible Venus ata finais de maio.


--- TAREFAS A ENTREGAR -------------- DATA DE ENTREGA LÍMITE 5 ABRIL 2020

Contesta as seguintes preguntas sobre a noticia.

1. Que opinas sobre o cambio de hora? Cres que é necesario ou pola
contra crees que debe de eliminarse? Razoa a túa resposta.

2. Que cambios no día a día se producen coa chegada da primavera
segundo a noticia?

3. Cales son os planetas que podemos observar dende a terra na
primavera

4. Que acontecementos astronómicos se poderán ver nesta primavera?

5. Que opinas sobre as chuvias de estrelas? Apeteceríache ver
algunha? Por qué?