O noso corpo precisa do osíxeno para realizar as actividades vitais. As células usan ese osíxeno, xunto cos nutrintes que lle proporciona o aparato dixestivo para obter a enerxía que nos permita funcionar.
Ademais, de levar a cabo devanditas activades, as células producen un gas de refugallo, o dióxido de carbono, que debemos explusar do noso corpo.
A aparato respiratorio
As vías respiratorias: Son os tubos que conectan os pulmóns co exterior. Fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a tráquea e os bronquios.
OLLO! - Os bronquios penetran nos pulmóns e ramifícanse en tubiños máis finos, os
bronquiolos. Os bronquiolos rematan nuns saquiños microscópicos, chamados alvéolos, rodeados por capilares moi finos.
Os pulmóns: Órganos esponxosos situados no tórax e separados do abdomen por un músculo (o diafragma). Formados polas ramificacións dos brónquios e os alvéolos
UFF, canta letra. Mira un debuxo para facerte unha idea!
Deixo un enlace de vídeo para que poidades ver todo moito máis claro
------------------------------------
Actividades de ampliación:
Le a páxina 51, e explica no teu caderno en que consiste a inspiración, o intercambio de gases e a expiración.
-----------------------------
Xogas? Click aquí