viernes, 20 de marzo de 2020

A impresión 3D de respiradores


Boas a tod@s, 

é unha pasada ver como a xente aporta o seu grao de area ante esta crise. 

Respirador fabricado en una impresora 3D.


O que vedes na imaxe é un respirador automático, que se usa nos hospitais cando os enfermos teñen problemas e dificultade para respirar. 

Unha sociedade non só é disfrutar do que temos ou vivir holgadamente e hai momentos nos que hai que dar un paso adiante e que cada un aporte o que poida.

Así que ante a falta de respiradores nas UCIs (Unidades de coidados intensivos) un grupo de enxeñeiros decidiu montar os seus propios respiradores para suministrar ao sistema sanitario facéndoos unicamente con unha impresora en 3D.
Dibujo de un paciente con asistencia respiratoria


Aquí podes ver a noticia completa 


Utiliza os comentarios. Gustaríame saber a túa opinión sobre a noticia. 

Lanzo un par de preguntas ao foro.

a) Cal é a túa opinión ao respecto da noticia? 

b) Ocórreseche algunha idea para facilitar a vida da xente ante a falta de medios ou material sanitario nestes momentos?


Un saúdo, 

Jesús


11 comentarios:

  1. Creo que todos debemos colaborar nestes momentos dificiles con todo o que sexa posibel. Penso que fabricar este tipo de cousas en 3D poden axudar a mäis xente e as empresas que se dedican a fabricar as orixinais non deberian denunciar a ninguen neste tipo de casos. Non se me ocorre nada agora mesmo pero penso que a mellor forma de axudar e seguindo as suas instrucions e quedando na casa.

    ResponderEliminar
  2. Hola son Hanae .Na miña opinión , estes enxeñeiros foron moi intelixentes ao pensar nesta idea e levala a cabo , xa que tes que ter unha imaxinación e uns coñecementos moi avanzados.
    Cómo podemos axudar? Pois penso que o primeiro que debemos facer é seguir as ordes do goberno e axudarnos os uns aos outros facendo esta crisis o máis doada posible

    ResponderEliminar
  3. Hola son Safae.Nesta crisis hay moitas empresas que nos axudan ,como por exemplo inditex ( que é unha fábrica textil).En Inditex estan producindo un montón de mascarillas para nós, e tamén as empresas de maquillaxe están utilizando o seu alcohol para producir desinfectantes de máns.E isto pareceme fantástico xa que se todo o mundo colabora finalizaremos con este virus pronto.
    Para axudar eu propoño doar cada un o que poida para axudar aos hospitais e que poidan comprar máis destos respiradores 3D.

    ResponderEliminar
  4. Hola son Abel, paréceme que eses enxeñeiros fabriquen respiradores automáticos porque pode axudar a moita xente.
    Eu penso que eses enxeñeiros poden facer un tutorial para ver se máis persoas son capaces de fabricalos por un ben común.

    ResponderEliminar
  5. Ola son Alejandro, a min paréceme que nesta situacion a xente está colaborando moito e mantendo a calma, e axudando onde se necesite.

    ResponderEliminar
  6. Ola son Alexia, este invento paréceme una idea moi intelixente por parte dos inxeñeiros que o construiron xa que é un utensilio moi útil e que pode salvar moitas vidas. Nestes momentos é todo un logro xa que o estrés e algo que invade as nosas mentes , e se alguen pode axudar pois que o faga .

    ResponderEliminar
  7. Ola son Breogán, esta idea gústame bastante, porque a xente utiliza os seus medios para salvar vidas. Non se me ocorre ningun invento, polo que a miña forma de axudar nesta situación é quedar na casa.

    ResponderEliminar
  8. Ola! Son Mara.
    A min, persoalmente, paréceme que non estamos en tempos de demandas se non de colaborar entre todos para salvar o maior número posible de vidas e sair de esta difícil situación canto antes.
    Unha proposta que me gustou moito, e que están levando a cabo en Madrid, é a petición aos veciños para que donen gafas de buceo e máscaras subacuáticas para ser enviadas aos hospitais.

    Moito ánimo a todos, xa queda menos!
    #euquedonacasa #todovaiirben

    ResponderEliminar
  9. Ola son hugo, opino que as fabricas de coches e outras empresas axuden no que poidan, por exemplo enfrente da miña casa a costureira fai mascarillas gratis para a xente que o precise

    ResponderEliminar
  10. Ola son Nerea, eu creo que eses extranxeiros están facendo moito pola sociedade ao facer os respiradores automáticos xa que grazas a eles (e outras persoas que tamén axudan) todas esas persoas que están no hospital poden recuperarse máis fácilmente. Eu non podo axudar moito pero o que si podo facer é aportar o meu gran de area quedando na casa. #euquedonacasa

    ResponderEliminar